Fr. 31.50

A revolución en marcha : decretos e proclamas da Comuna de París, setembro 1870-maio 1871

Galician · Paperback / Softback

Shipping usually takes at least 4 weeks (title will be specially ordered)

Description

Read more










?...se algunha aprendizaxe é posible extraer da Comuna é que a abolición do Estado non significaría a súa 'extinción na simple xestión racional do social', senón 'a posta en deliberación permanente do público' (Daniel Bensaïd). É dicir, a construción dun espazo dialéctico, dun espazo atravesado por tensións múltiples, e polo tanto aberto e liberado. A diferenza do falansterio, a Comuna non precisou proxectarse a si mesma no futuro. E na medida en que foi realmente posible, na medida en que nela o ideal da emancipación humana tivo lugar dun xeito efectivo, deixou tras dela un inxente rastro material. A este rastro pertence a extraordinaria produción imaxinaria que foi quen de xerar, dende os textos a pé de obra que recolle esta escolma ao documental de Peter Watkins, pasando polas palabras dos poetas, dos filósofos e dos novelistas, incluído o Émile Zola do Ventre de París. Escrita logo do abatemento da Comuna, Rancière ve na súa aparición o lugar dunha nova reordenación do sensible, un lugar que 'celebra a épica das coles, a épica dunha nova beleza que opón á arquitectura de ferro de Les Halles e as moreas de legumes que contén, á vella beleza sen vida simbolizada pola veciña igrexa gótica'. Porque a Comuna, en suma, existiu, e foi quen de transformalo todo ao seu paso, tanto a política como a estética, até o punto de que a súa lóxica non pode ser a da utopía, senón a do espectro. A Comuna non di 'isto será posible', senón 'isto foi posible' e a certeza da súa existencia anterior cifra a medida de calquera esperanza futura. A Comuna non pode ser replicada, pero pensar en todo o que supuxo é unha das formas nas que o pasado conflúe coa esperanza?.
María do Cebreiro

Product details

Authors María do Cebreiro, Xoán Xesús González Gómez
Assisted by Alberte Alleague Leira (Translation), Xoán Xesús González Gómez (Translation)
Publisher Edicións Laiovento
 
Languages Galician
Product format Paperback / Softback
Released 01.03.2021
 
EAN 9788484875154
ISBN 978-84-8487-515-4
No. of pages 158
Subject Humanities, art, music > Education > General, dictionaries

Customer reviews

No reviews have been written for this item yet. Write the first review and be helpful to other users when they decide on a purchase.

Write a review

Thumbs up or thumbs down? Write your own review.

For messages to CeDe.ch please use the contact form.

The input fields marked * are obligatory

By submitting this form you agree to our data privacy statement.